Este proxecto de formación, subvencionado polo Concello da Coruña, nace coa intención de favorecer a construción de sociedades libres de violencias machistas a partir de accións de sensibilización e formación en materia de prevención de violencia de xénero. Unha formación que integra diferentes eixos centrais da prevención da violencia de xénero, incluídas novas formas de violencia de xénero a través de redes sociais -ciberviolencias- e a sensibilización e prevención da violencia sexual, o uso de espazos e o acoso sexual en espazos públicos.
↧